martes, 21 de abril de 2015

O horto escolar

Xa comezamos a prantar no noso horto escolar!

O venres 17 de abril, os nenos/as de primaria comezaron a prantar por turnos no invernadoiro, inagurándoo oficialmente!

O luns 20 foi o turno para os nenos e nenas de infantil. Que ben o pasamos!




Na nosa plantación, acompañáronnos unhas rapazas que nos foron explicando todo o proceso, destacando sobretodo a funcionalidade das plantas aromáticas que puxemos entre os distintos tipos de hortalizas que tamén plantamos no invernadoiro.



E dende hoxe, quedan marcadas tamén as quendas por ciclos para regar, buscando a implicación de todos os nenos/as do cole.

A continuación deixámosvos unhas fotos destes dous días para que vexades todo o que fixemos e o ben que o pasamos!




3 anos

4 anos

5 anos

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria


miércoles, 15 de abril de 2015

A estrea

E por fin... a estrea!

Este venres día 17 de abril, teremos a inaguración oficial do noso invernadoiro. 
Para poder levar a cabo a actividade precisamos que cada neno/a traia un saquiño de terra vexetal, compost ou similar. Podedes mandala a partir de mañá. 
Esta actividade está englobada dentro das propostas no noso proxecto "O horto escolar" de Voz Natura.

Grazas unha vez máis pola vosa colaboración.

lunes, 16 de marzo de 2015

O Invernadoiro

Ya temos o noso invernadoiro!

Só falta abrir unha fiestra de ventilación e poñerlle unha porta... e listo!
Xa pronto nos poñeremos a prantar!

Deixámosvos eiquí unhas fotos do invernadoiro de Tirán rematado!




miércoles, 11 de marzo de 2015

Comezamos

Dende o C.E.I.P. Plurilíngüe de Tirán, comezamos un novo proxecto a nivel centro, "O horto escolar" de Voz Natura. E para darlle continuidade, creamos tamén este blogue.

Dito blogue contén (e conterá) toda a información respecto do noso novo invernadoiro, e de todos aqueles temas relacionados coa natureza do noso colexio.

A inicios de Marzo comezouse a darlle forma...


Bird Owl