martes, 21 de abril de 2015

O horto escolar

Xa comezamos a prantar no noso horto escolar!

O venres 17 de abril, os nenos/as de primaria comezaron a prantar por turnos no invernadoiro, inagurándoo oficialmente!

O luns 20 foi o turno para os nenos e nenas de infantil. Que ben o pasamos!




Na nosa plantación, acompañáronnos unhas rapazas que nos foron explicando todo o proceso, destacando sobretodo a funcionalidade das plantas aromáticas que puxemos entre os distintos tipos de hortalizas que tamén plantamos no invernadoiro.



E dende hoxe, quedan marcadas tamén as quendas por ciclos para regar, buscando a implicación de todos os nenos/as do cole.

A continuación deixámosvos unhas fotos destes dous días para que vexades todo o que fixemos e o ben que o pasamos!




3 anos

4 anos

5 anos

1º Primaria

2º Primaria

3º Primaria

4º Primaria

5º Primaria

6º Primaria


miércoles, 15 de abril de 2015

A estrea

E por fin... a estrea!

Este venres día 17 de abril, teremos a inaguración oficial do noso invernadoiro. 
Para poder levar a cabo a actividade precisamos que cada neno/a traia un saquiño de terra vexetal, compost ou similar. Podedes mandala a partir de mañá. 
Esta actividade está englobada dentro das propostas no noso proxecto "O horto escolar" de Voz Natura.

Grazas unha vez máis pola vosa colaboración.
Bird Owl