jueves, 1 de junio de 2017

RECETARIO DE LEGUMES

Aquí vos deixamos o RECETARIO DE LEGUMES elaborado pola comunidade educativa do CEIP Plurilingüe Tirán, en colaboración co proxecto de Voz Natura deste ano no colexio, na que se traballaron as legumes.

Esperamos que vos guste e que elaboredes estes platos tan ricos e saudables!!

(Premer na imaxe para visualizar e/ou descargar)




lunes, 22 de mayo de 2017

ELABORACIÓN DE RECEITAS DE LEGUMES


Seguindo o noso proxecto de VOZ NATURA 2016/2017 na que coñecemos máis de preto as LEGUMES (características, propiedades, e outros datos de interese), pedímosvos a vosa colaboración para, entre toda a comunidade educativa, elaborar un recetario de cociña na que as legumes sexan protagonistas ou, no seu defecto, un ingrediente máis dentro das recetas enviadas.
Para iso, tendes que descargar o documento de word anexo, cubrilo, e enviárnolo ó seguinte correo electrónico tic.ceip.tiran@gmail.com , asunto "receita" , ou imprimilo e traelo ó centro escolar.
Data límite 1 de xuño de 2017.
Para que non todos enviemos a mesma receita, seguiremos a mesma clasificación que se fixo cos nosos alumnos/as á hora de traballar e expoñer ditas legumes, polo que vos pedimos que enviédes receitas da legume que lle corresponde por curso ó voso fillo/a:
4ºEd.Inf --> Chícharos
5ºEd.Inf --> Fabas
6ºEd.Inf --> Lentellas
1ºEd.Prim--> Garavanzos
2ºEd.Prim--> Soia (de aquí sae o Tempeh, o Tofu,...)
3ºEd.Prim--> Alubias ou frijoles
4ºEd.Prim--> LEGUME A ELIXIR *
5ºEd.Prim--> LEGUME A ELIXIR *
6ºEd.Prim--> LEGUME A ELIXIR *

(*) Os cursos superiores poderán elaborar receitas coas legumes que queirades posto que 4º lle tocou traballar os Cacahuetes (non son legumes dende o punto de vista alimenticio, pero sí están considerados dende o punto de vista botánico); 5º tocoulle traballar os Altramuces; e ó 6º curso elaborou toda a documentación respecto das Legumes.
Para descargar o documento, premer AQUÍ.
Grazas pola vosa colaboración unha vez máis.

sábado, 20 de mayo de 2017

OS CACAHUETES

Os CACAHUETES correron por conta dos alumnos/as de 4º Educación Primaria (traballos sobre as LEGUMES expostos no vestíbulo do noso centro escolar).

Os CACAHUETES contan coa particularidade de que, si ben non son considerados legumes dende o punto de vista alimenticio, sí son considerados dende o punto de vista botánico.



viernes, 19 de mayo de 2017

AS FABAS

As FABAS correu por conta dos alumnos/as de 5º Educación Infantil (traballos sobre as LEGUMES expostos no vestíbulo do noso centro escolar).


SOIA

A SOIA correu por conta dos alumnos/as de 2º Educación Primaria (traballos sobre as LEGUMES expostos no vestíbulo do noso centro escolar).


OS ALTRAMUCES

Durantes moito tempo non se tivo claro como chamarlles, en galego, á planta que os botánicos denominan "Phaseolus vulgaris", e que dá eses legumes brancos que nos serven para "botarlle ó caldo" ou para "facer unha fabada".

Algúns dicionarios e vocabularios dicían que deberíamos de empregar FABA (o nome máis espallado), pero outros defendían unha opinión diferente e aconsellaban o uso de FEIXÓN, argumentando que o nome de faba debería de reservarse para nomear en galego á "Vicia faba".

Esta dúbida aclarouna o Dicionario da Real Academia Galega na súa edición de 1997, pois consideraba que faba, feixón e fabeira eran tres nomes aceptables en galego para nomear a "Phaseolus vulgaris" e ás súas sementes.

A pesar diso, séguense atopando traballos nos que se mantén aínda a distinción sinalada, nalgúns casos en boletíns oficiais ou en documentacións producidas pola propia Administración, seguramente, se cadra, pola necesidade de darlle un nome galego á "Vicia faba". De todos xeitos, a "Vicia faba" é coñecida entre nós como faba loba, faballón ou fabaca, probablemente polo seu maior tamaño e a súa menos calidade en comparación coa faba.


----

Evidentemente, é beneficioso tratar de reducir esta diversidade, pois pode dificultar a identificación da especie á que aludimos nos casos en que a forma galega non vaia acompañada do nome científico. Deberíase potenciar o uso das formas tradicionais galegas, sobretodo tendo en conta que o ALTRAMUZ e o tremoceiro parecen chegar a nós por mediación do castelán e do portugués respectivamente.

En resumo, podemos empregar indistintamente faba e feixón á hora de referirnos á leguminosa "Phaseolus vulgaris".

OS GARAVANZOS

Por se non o vístedes no vestíbulo do noso centro, temos expostos varios traballos sobre LEGUMES, elaborados por aulas/niveis. Os garavanzos correu por conta dos alumnos/as de 1º Educación Primaria.


jueves, 18 de mayo de 2017

VERDE NA MILLA

Seguindo as propostas do equipo TIC do centro, durante 6 semanas os nenos/as saíron a facer a "MILLA diaria" cunha cámara fotográfica na que, o criterio a recoller, variaba semanalmente. A semana pasada foi a quenda da "COR VERDE" na que os alumnos/as libremente tomaron algunhas fotos que se mostran a continuación.
Esperamos que vos guste o seu traballo!





PERIGOS NA MILLA

Seguindo as propostas do equipo TIC do centro, durante 6 semanas os nenos/as saíron a facer a "MILLA diaria" cunha cámara fotográfica na que, o criterio a recoller, variaba semanalmente. Fai dúas semanas tocou "OS PERIGOS" na que os alumnos/as libremente tomaron algunhas fotos que se mostran a continuación.
Esperamos que vos guste o seu traballo!








AS LENTELLAS

Para non redundar información, cólgase o enlace sobre AS LENTELLAS que desenvolveron na aula de 5 anos de Educ. Infantil do noso centro!

Premer na imaxe:

http://infantiltiran.blogspot.com.es/2017/05/as-lentellas.html

martes, 25 de abril de 2017

OS CHÍCHAROS

Os chícharos son un tipo de LEGUME, ó igual que os garavanzos, as lentellas, as fabas,… 


En realidade son as semillas comestibles da planta Pisum sativum, orixinaria de Oriente Medio. A planta pode medir ata 1 metro de altura, son verdes tanto os tallos coma as follas, e no interior dos frutos atópanse ditas semillas. Normalmente son redondas e de cor verde. 

Beneficios.
Trátase dun alimento moi beneficioso e rico en nutrintes, como a proteína vexetal, a fibra, as vitaminas (en especial as do grupo B), os minerais (como o potasio, o fósforo, magnesio, calcio, sodio, ferro, zinc e selenio), a clorofila e os antioxidantes. Non aportan grasa e teñen moi poucas calorías.

Ó ser moi ricos en vitaminas do grupo B, éstas protexen o bo funcionamento do sistema nervioso.

Comer chícharos frecuentemente pode axudar a mellorar a saúde do corazón. Son especialmente beneficiosos para persoas con dolencias cardíacas, mellorando a circulación do sangue, así como regulando os niveis de colesterol e de azucre en sangue.

Axudan a controlar o peso, porque manteñen a sensación de saciedade durante máis tempo, e axudan tamén a satisfacer as necesidades de ferro.

Trátase dun alimento moi nutritivo indicado especialmente durante as etapas de crecemento, embarazo, lactancia, e na vellez.

O seu cultivo.

Como todas as plantas pertencentes á familia das leguminosas, o chícharo é unha planta que fixa o nitróxeno no chan; é dicir, o seu cultivo sirve tamén para enriquecer o solo con nitróxeno e así ter, deste xeito, un abono natural para o vindeiro cultivo. Recoméndase, polo tanto, non arrincar as raíces da planta.

VOZ NATURA 2016-2017

Durante este curso escolar, e seguindo as indicacións de VOZ NATURA, traballaranse AS LEGUMES no noso centro escolar, entre outras cousas!

Estes días publicaremos información interesante sobre as mesmas!! Estade moi atentos!!
Bird Owl