sábado, 23 de abril de 2016

Paso nº1 SEMENTAR

Xa comezamos a semana pasada a plantar no noso colexio!

Este ano, a novidade é que intentaremos ver todo o proceso; cómo dunha semilla chegaremos á planta que nos dará o fruto (hortalizas, legumes,...), así como diversas e variadas flores!

O 1º paso foi SEMENTAR.
Cada curso e cada especialista nas súas aulas tomaron un semilleiro, terra, semillas e auga, e plantaron cos nenos/as.

  


Algúns titores/as, coa finalidade de mostrarlle ós nenos/as cómo vai saíndo o tallo e a raíz da semente, meteron nun plástico transparente un pano de cociña húmido e dentro as semillas para que, co paso dos días, éstas germinen!


jueves, 14 de abril de 2016

Charla no colexio

Hoxe, xoves 14 de abril, tivemos a visita do Seprona que nos veu falar da prevención dos incendios forestais. Preténdese concienciar ós nenos/as da importancia de coidar o chan, así como as recomendacións e coidados que deberíamos ter para evitar os incendios forestais que perxudican a nosa contorna e todo o que isto abarca.

Esta charla impartida só para Primaria, está no marco do programa Voz Natura na que se implica a toda a comunidade escolar de Galicia na recuperación e na defensa da Natureza, e na que colabora a Garda Civil da zona.
Bird Owl