martes, 25 de abril de 2017

OS CHÍCHAROS

Os chícharos son un tipo de LEGUME, ó igual que os garavanzos, as lentellas, as fabas,… 


En realidade son as semillas comestibles da planta Pisum sativum, orixinaria de Oriente Medio. A planta pode medir ata 1 metro de altura, son verdes tanto os tallos coma as follas, e no interior dos frutos atópanse ditas semillas. Normalmente son redondas e de cor verde. 

Beneficios.
Trátase dun alimento moi beneficioso e rico en nutrintes, como a proteína vexetal, a fibra, as vitaminas (en especial as do grupo B), os minerais (como o potasio, o fósforo, magnesio, calcio, sodio, ferro, zinc e selenio), a clorofila e os antioxidantes. Non aportan grasa e teñen moi poucas calorías.

Ó ser moi ricos en vitaminas do grupo B, éstas protexen o bo funcionamento do sistema nervioso.

Comer chícharos frecuentemente pode axudar a mellorar a saúde do corazón. Son especialmente beneficiosos para persoas con dolencias cardíacas, mellorando a circulación do sangue, así como regulando os niveis de colesterol e de azucre en sangue.

Axudan a controlar o peso, porque manteñen a sensación de saciedade durante máis tempo, e axudan tamén a satisfacer as necesidades de ferro.

Trátase dun alimento moi nutritivo indicado especialmente durante as etapas de crecemento, embarazo, lactancia, e na vellez.

O seu cultivo.

Como todas as plantas pertencentes á familia das leguminosas, o chícharo é unha planta que fixa o nitróxeno no chan; é dicir, o seu cultivo sirve tamén para enriquecer o solo con nitróxeno e así ter, deste xeito, un abono natural para o vindeiro cultivo. Recoméndase, polo tanto, non arrincar as raíces da planta.

VOZ NATURA 2016-2017

Durante este curso escolar, e seguindo as indicacións de VOZ NATURA, traballaranse AS LEGUMES no noso centro escolar, entre outras cousas!

Estes días publicaremos información interesante sobre as mesmas!! Estade moi atentos!!
Bird Owl