martes, 24 de mayo de 2016

OS VISITANTES

O C.E.I.P. Plurilingüe de Tirán está enclavado nun lugar maravilloso, alonxado do bullicio da vila e preto do Monte dos Remedios, polo que estamos rodeados de natureza e cunha paisaxe fermosa. A miúdo recibimos visitas de orixe animal no noso centro: cans e gatos do vecindario que acompañan ou simplemente veñen saudar, gaivotas e corvos en busca de posibles restos de merendas, e outros.

Durante este curso escolar avistamos, máis dunha vez, e de dúas, e de tres... a dous coellos que vencen a súa timidez, entran no noso recinto escolar e se aproximan bastante ós edificios de infantil e primaria. Estas visitas contínuas motivaron o peche do perímetro do noso horto escolar para salvagardar todo o que alí estamos prantando. Cómo o protexemos? pois coa rede e cuns paus que de forma desinteresada nos regalou o avó dunha nena do noso centro. MOITAS GRAZAS.

A ver qué vos parece a solución!





Y... SEREIS CAPACES DE VER A NUESTROS VISITANTES EN LAS SIGUIENTES FOTOS??
A VER CÓMO ESTÁ VUESTRA DESTREZA VISUAL!!




martes, 10 de mayo de 2016

Paso nº4 PLANTAR

Por fin comezamos a PLANTAR.

Estes días, e de forma intermitente cando o tempo o permite, os mestres/as especialistas e mailos titores/as, xunto co seu alumnado, baixarán ó noso HORTO ESCOLAR a trasplantar as semillas de hortalizas e legumes que previamente plantamos nos semilleiros nas aulas.

Hoxe mércores comezaron varios nenos a PLANTAR acompañados do mestre Marcos. O que fixeron foi: mover e aplanar un pouco a terra, facer un buraco na mesma, sacar do semilleiro a planta e poñela nese oco, e taparlle o pé. Non fixo falta regar, comezou a chover e tivemos que saír de alí correndo!
Unha experiencia máis!




viernes, 6 de mayo de 2016

Paso nº3 TRABALLAR A TERRA

Para poder trasplantar as nosas legumes e hortalizas ó invernadoiro, necesitamos previamente TRABALLAR A TERRA (paso nº3). Para iso, e grazas a colaboración do concello, viñeron cortar as herbas que medraban no espazo adicado ó noso horto escolar, e despois a REMOVER e AIREAR a terra, accións moi importantes antes de plantar!

Vista do invernadoiro dende a biblioteca escolar.

Estes días decidimos non cubrir o noso invernadoiro porque o fin de curso está próximo e tamén para evitar actos vandálicos sobre o mesmo. Polo tanto, falaremos de HORTO ESCOLAR.
Ainda que non lle poñamos o plástico que o recubre, teremos que cerrar o perímetro do mesmo cunha maia ou rede para evitar que dous intrusos nos coman o plantado, dous coellos que estes días se deixan ver polo noso patio en busca de alimento. E ti, xa os viches?

En breves comezaremos a plantar no HORTO ESCOLAR.

lunes, 2 de mayo de 2016

Paso nº2 REGAR-MEDRAR

Como vos comentábamos no paso nº1, cada curso cos seus titores/as e nas aulas dos especialistas do centro, plantábamos nos semilleiros diferentes variedades.

Agora, o paso nº2 foi REGAR nos semilleiros cada poucos días, tentando que a terra estivera algo húmeda pero sen pasarnos de auga para que as semillas non pudran, e esperando a que, coa calor das aulas e os mimos dos nenos/as, as semillas MEDRASEN.

Aquí tendes un avance do que está a ocorrer nas aulas do colexio de Tirán!







Agora só nos queda volver a crear o noso INVERNADOIRO, partindo de cero, como ben sabedes polos casos de vandalismo sufridos o pasado ano, e TRASPLANTAR as nosas sementes ó invernadoiro, tendo así o noso HORTO ESCOLAR que haberá que coidar e regar a cotío.


Bird Owl