martes, 10 de mayo de 2016

Paso nº4 PLANTAR

Por fin comezamos a PLANTAR.

Estes días, e de forma intermitente cando o tempo o permite, os mestres/as especialistas e mailos titores/as, xunto co seu alumnado, baixarán ó noso HORTO ESCOLAR a trasplantar as semillas de hortalizas e legumes que previamente plantamos nos semilleiros nas aulas.

Hoxe mércores comezaron varios nenos a PLANTAR acompañados do mestre Marcos. O que fixeron foi: mover e aplanar un pouco a terra, facer un buraco na mesma, sacar do semilleiro a planta e poñela nese oco, e taparlle o pé. Non fixo falta regar, comezou a chover e tivemos que saír de alí correndo!
Unha experiencia máis!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Bird Owl