viernes, 6 de mayo de 2016

Paso nº3 TRABALLAR A TERRA

Para poder trasplantar as nosas legumes e hortalizas ó invernadoiro, necesitamos previamente TRABALLAR A TERRA (paso nº3). Para iso, e grazas a colaboración do concello, viñeron cortar as herbas que medraban no espazo adicado ó noso horto escolar, e despois a REMOVER e AIREAR a terra, accións moi importantes antes de plantar!

Vista do invernadoiro dende a biblioteca escolar.

Estes días decidimos non cubrir o noso invernadoiro porque o fin de curso está próximo e tamén para evitar actos vandálicos sobre o mesmo. Polo tanto, falaremos de HORTO ESCOLAR.
Ainda que non lle poñamos o plástico que o recubre, teremos que cerrar o perímetro do mesmo cunha maia ou rede para evitar que dous intrusos nos coman o plantado, dous coellos que estes días se deixan ver polo noso patio en busca de alimento. E ti, xa os viches?

En breves comezaremos a plantar no HORTO ESCOLAR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Bird Owl